CITIC

O investigador do CITIC Pablo Montero, poñente na 38th International Symposium on Forecasting en Colorado

25/06/2018

O investigador da área de ciencia de datos e información do CITIC, Pablo Montero, realizou unha comunicación oral na 38th International Symposium on Forecasting (ISF), celebrada do 17 ao 20 de xuño en Boulder, Colorado (EE.UU.).

O traballo leva por título “On combining forecasting methods using time series features” e presenta un método de combinación de modelos de predición que ten o obxectivo de minimizar o erro promedio do método seleccionado.

A ISF é o principal evento no ámbito da predición (estatística) e constitúe un encontro entre investigadores para aprender e debater sobre diferentes avances punteiros nesta disciplina.