CITIC

O investigador Guillermo López Taboada imparte unha conferencia no XIX Curso de Titores e Residentes da Sociedade Española de Reumatoloxía

28/09/2020 – CITIC

O investigador do CITIC Guillermo López Taboada impartiu o pasado sábado 26 de setembro a conferencia maxistral “Big Data para a mellora da nosa calidade de vida” no XIX Curso de Titores e Residentes da Sociedade Española de Reumatoloxía (SER).

A xornada, que tivo o obxectivo de colaborar na formación dos residentes de reumatoloxía, contou con 150 asistentes de forma virtual.

A Sociedade Española de Reumatoloxía (SER) é unha asociación científica que ten por obxecto fomentar o coñecemento das patoloxías reumáticas, favorecendo a formación médica, desenvolvendo traballos, estudos e proxectos de investigación en Reumatoloxía; e promover a difusión e o coñecemento destas afecciones entre a poboación xeral.