CITIC

O investigador Jose Luis Calvo Rolle participa no evento “Retos actuais da Intelixencia Artificial”

22/02/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Jose Luis Calvo Rolle participa no evento “Retos actuais da Intelixencia Artificial”, organizado por IEEE Sección España e Comité Español de Automática (CEA). José Luis Calvo Rolle ostenta cargos en ambas entidades organizadoras: é vocal da xunta directiva de CEA e tesoureiro da directiva do IEEE-SMS na sección española. O investigador do CITIC moderará a sesión “Presentación técnica CEA”.

A Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Carme Artigas, inaugurará a xornada, na que intervirán tanto socios de CEA como de IEEE España con diferentes relatorios técnicos sobre a IA e as súas aplicacións.

O acto ten como obxectivo impulsar a Intelixencia Artificial mediante a aproximación interdisciplinaria centrada nas persoas e que incorpore as distintas perspectivas das enxeñarías, as matemáticas, a bioloxía, a neurociencia e a socioloxía, entre outras.

O evento terá lugar en formato telemático o día 24 de febreiro a partir das 16:30 h. Estará aberto a todo público interesado e a asistencia é gratuíta previo rexistro a través deste enlace.

Descargar programa