13/12/2021 – CITIC
O investigador José Luis Casteleiro Roca foi galardoado co Premio IDOM 2021 á Mellor Tese Doutoral polo seu traballo titulado “Modelado de sistemas complexos mediante métodos de agrupamento e hibridación de técnicas intelixentes”. A tese foi codirixida polo investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle e o profesor da Universidad de La Laguna Juan Albino Méndez Pérez.
O premio, dotado cunha contía de 1000 euros, foi entregado o pasado 3 de decembro no marco do XVI Simposio CEA de Control Intelixente celebrado na Escola de Enxeñerías Industriais e Civís ( EIIC) da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
O Grupo Temático de Control Intelixente do Comité Español de Automática (CEA) convocou este premio coa finalidade de recoñecer e estimular a investigación desenvolvida en control intelixente realizada por estudantes de doutoramento que defendesen a súa tese nos últimos anos.