CITIC

O IV PhDay-EIO celebrado na UDC, un espazo para compartir coñecemento

26/02/2024 - CITIC
  • O primero PhDay-EIO celebrado na Universidade da Coruña súmase ao éxito das edicións anteriores da USC e a UVigo. 
  • O acto contou co apoio do CITIC como parte do seu compromiso por impulsar o talento en investigación.  

O pasado venres, día 23 de febreiro celebrouse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña o IV PhDay-EIO, reunindo estudantes do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. 

O encontro foi organizado polo alumnado de doutoramento da Universidade da Coruña e membros do CITIC Beatriz Piñeiro Lamas, Blanca Estela Monroy Castillo, Jorge Castiñeiras Rella, Marta Rodríguez Barreiro, Alicia Mascareñas e Naomi Diz Rosales. Contou co apoio do CITIC da UDC e do Grupo de Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES).  

Diego Bolón Rodríguez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela, foi galardoado á mellor comunicación oral co premio da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (#SGaPEIO). Valorouse a calidade e capacidade divulgativa do estudante, que recibiu o recoñemento de man do doutor Javier Tarrío Saavedra, Vicepresidente de Estadística de la #SGaPEIO, e do Comité Organizador da UDC. 

Ademais de espazo para a investigación, tamén houbo tempo de compartir coñecemento, diversión e incertezas asociadas a esta etapa, xa que participaron a doutora Rebeca Peláez Suárez, da Universidade Carlos III de Madrid; o doutor Brais González Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela; o doutor Pablo Montero Manso, da Universidade de Sydney; e o doutor David Martínez Rego, cofundador de DataSpartan. 

O primero PhDay-EIO celebrado na Universidade da Coruña súmase ao éxito das edicións anteriores da USC e a UVigo. O eventoé unha oportunidade para conectar, compartir e desfrutar da Estatística e Investigación Operativa.