CITIC
Xornadas sobre Diversidade

O proxecto Talentos Inclusivos participa nas VI Xornadas sobre Diversidade na Universidade

22/12/2022 – CITIC

O pasado 16 de decembro o proxecto do CITIC Talentos Inclusivos participou nas “IV Xornadas sobre Diversidade da Universidade” que tiveron lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación situada no Campus de Elviña. 

Participaron os membros do CITIC Patricia Concheiro, Carmen Miranda, Manuel Lago e Laura Rodríguez que mostraron videoxogos adaptados acompañados dos seus elementos de control. A maior parte dos videoxogos foron desenvoltos por alumnos e alumnas participantes no proxecto Talentos Inclusivos. 

Entre os elementos expostos destacou unha aplicación de realidade virtual que permite realizar actividades da vida diaria a modo de videoxogo e que pode ser controlada con lentes de realidade virtual ou co movemento das mans. 

Tamén se expuxeron múltiples obxectos adaptados que levaban incorporados un micro:bit ou un makey makey a modo de receptores do movemento, os cales, xunto á aplicación Scracth, permitían xogar a diversos xogos de creación amateur. Entre eles podemos destacar pulsadores e teclados adaptados, un balancín e un piano de cartón con texturas incorporadas.