CITIC

O VI Encontro Solar da UDC visitará o CITIC

20/06/2018

A VI edición do Encontro Solar, organizado pola Universidade da Coruña, terá lugar o xoves 21 de xuño, coincidindo co solsticio de verán, día en que se celebra tamén o Día do Sol no hemisferio norte. No Encontro poderán visitarse as instalacións do CITIC, que se abastecen da enerxía proporcionada polo sol a través das placas fotovoltaicas situadas na cuberta do edificio. Desta forma, visibilízase a aposta do CITIC pola eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

O obxectivo do Encontro Solar é fomentar o uso desta enerxía limpa e inesgotable, festexando cun xantar colectivo no que se xuntan preto dun cento de cociñas solares.

Programa da xornada:

10:00 h – Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares

11:30 h – Introducimos a comida nos fornos e cociñas

12:30 h – Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta do CITIC (Punto de encontro: mesa da OMA)

15:00 h – Xantar colectivo e degustación de comida solar

16:30 h – Recollemos

Máis información