Tras un longo parón por motivo do COVID-19, o Vmug, comunidade de técnicos relacionado con tecnoloxía de virtualización de Vmware, retoma a realización dos seus eventos presenciais no CITIC.
A sesión deste ano levarase a cabo o vindeiro mércores día 27 na Sala Cloud do CITIC. O programa completo de toda a xornada é o seguinte:
09:45 h. – Benvida
10:00 h. – Infraestrutura Hiperconverxente de VMware vSAN – Vmware. Unha única solución, dous tipos de arquitecturas
10:45 h. – A solución de continuidade de negocio e protección de datos para calquera organización – HPE Zerto
11:30 h. – Pausa
12:00 h. – Tecnoloxía de virtualización como parte de IOP – Inditex
13:30 h. – Peche e networking
O rexistro de asistencia ao evento atópase disponible na súa páxina web.