Os investigadores do CITIC, Minia Manteiga e Iker González, participan na Reunión anual da Sociedade Astronómica Europea
O encontro anual da Sociedade Astronómica Europea, EAS (European Astronomical Society Annual Meeting) 2023 que se celebra esta semana en Cracovia conta coa participación dos investigadores do CITIC Minia Manteiga e Iker González, que asisten ata este venres 14 a un dos eventos máis relevantes da astronomía a nivel mundial.
Máis de 1.500 astrónomos europeos reúnense neste encontro en Polonia para presentar e debater os últimos resultados en astronomía e ciencia espacial, a través de 1.140 presentacións orais e 740 pósteres.
Entre os varios simposios que se desenrolan paralelamente no congreso, cabe destacar un adicado á misión Gaia e titulado “Gaia, the two Billion Star Galaxy census: The Magic of Gaia DR3”, no que os membros do CITIC informaron sobre o seu traballo de identificación de estrelas nas últimas fases da súa vida como astros brillantes.
Entre os relatorios, cabe destacar tamén a presentación do fotómetro FreeDSM para a medida da contaminación luminosa deseñado no CITIC, e o traballo con datos do Observatorio Virtual e técnicas de IA para a busca e clasificación de estrelas subananas quentes liderada pola nosa colaboradora da Universidade de Vigo Ana Ulla, coa participación dos membros do grupo LIA2.
Os investigadores do CITIC, a astrofísica Minia Manteiga e o enxeñeiro de datos Carlos Dafonte, lideran a participación galega na misión Gaia que ten por obxecto crear o mapa máis completo da Vía Láctea e que ten sido distinguida con numerosos premios a nivel internacional.