CITIC

Os investigadores Paula Fraga e Tiago M. Fernández reciben un premio de IEEE Blockchain España

29/09/2020 – CITIC

Os investigadores do CITIC Paula Fraga e Tiago M. Fernández recibiron un accésit nos Premios da Iniciativa IEEE Blockchain España ao Mellor Artigo de Revisión 2020 polo seu artigo “A Review on Blockchain Technologies for an Advanced and Cyber-Resilient Automotive Industry”.

O artigo premiado céntrase na industria da automoción, que está vivindo actualmente unha revolución con innovacións que pasan por Internet das cousas industrial (IIoT) en forma de automóbiles intelixentes conectados. Este sector enfróntase a ineficiencias operativas e problemas de ciberseguridade que dan lugar a incidentes e cuantiosas perdas. Neste contexto, a tecnoloxía blockchain representa un movemento na evolución de Internet, permitindo a migración de “Internet da información” a “Internet do valor” e a creación dunha verdadeira economía colaborativa.

Así, o artigo ten como obxectivo proporcionar unha visión global sobre como blockchain pode transformar a industria da automoción para afrontar parte das súas retos actuais. Especificamente, o artigo revisa os aspectos de seguridade máis relevantes involucrados nunha blockchain, describe os principais problemas e ineficiencias da industria e detalla unha metodoloxía para determinar se a tecnoloxía blockchain pode axudar a abordar tales problemas. Tamén identifica escenarios innovadores onde o sector da automoción podería aproveitar as capacidades de blockchain para mellorar a seguridade, reducir custos e aumentar a súa eficiencia operacional.

Finalmente, proporciónanse recomendacións para orientar aos futuros investigadores, desarrolladores e directivos sobre algúns dos retos que deberán enfrontarse antes de implementar a próxima xeración de aplicacións blockchain para a automoción.