CITIC

Participación do investigador David Alonso Ríos na International Conference on Research in Adaptive and Convergent Systems en Gdańsk, Polonia

14/08/2023 - CITIC

O investigador do CITIC, David Alonso Ríos, asistiu o pasado 8 de agosto á 2023 International Conference on Research in Adaptive and Convergent Systems que tivo lugar na cidade de Gdańsk (Polonia) entre os días 6 e 10 de agosto.

Alí presentou o traballo “Usability Heuristics and Guidelines for RESTful APIs and Application to the Twitter API”, no cal tamén colaboran Eduardo Mosqueira Rey, investigador do CITIC, e Nerea Vázquez Canellón, enxeñeira de software.

A investigación propón 27 heurísticas de usabilidade e 75 guías de usabilidade para APIs RESTful. Todas elas obtéñense a partir dunha metodoloxía sistemática e xeneralizable baseada en taxonomías. O primeiro paso é realizar unha revisión da literatura sobre recomendacións para APIs RESTful. Despois sintetízanse ditas recomendacións e emparéllanse coas taxonomías. Como resultado obtéñense ademais novas recomendacións que non estaban cubertas pola literatura. Finalmente, móstrase a utilidade de todo iso cun exemplo práctico, neste caso cunha avaliación heurística da API RESTful de Twitter.