CITIC

Pedro Cabalar organiza un workshop no ECAI 2020

28/01/2020

O investigador do CITIC Pedro Cabalar forma parte do comité científico como co-presidente e organizador local do Declarative Problem Solving Workshop (DPSW 2020), que terá lugar o 9 de xuño en Santiago de Compostela no marco do ECAI 2020.

O taller ten como obxectivo reunir a investigadores de disciplinas relacionadas coa resolución de problemas baixo unha especificación declarativa. Isto inclúe diferentes tipos de problemas computacionais, como combinatoria, optimización, restricións numéricas, planificación, programación, restricións temporais, etc.

O prazo para o envío de traballos está aberto ata o 20 de marzo.

Máis información