CITIC
Tirando_da_lingua_Ciclo_de_conferencias

Persoal investigador do CITIC colabora na organización dun ciclo de conferencias sobre lingüística

21/03/2022 – CITIC

Tendo como protagonista a lingua, así como as distintas perspectivas profesionais de acceso á mesma, celébrase o ciclo de conferencias “Tirando da lingua: como traballar en diferentes sectores grazas ao coñecemento lingüístico”, organizado por persoal investigador do CITIC.

Trátase dun espazo de reunión, debate e divulgación que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da UDC os días 16, 23, 30 de marzo e 6 de abril. Poderase asistir de forma gratuíta, previa inscrición, e será, ademais, retransmitido a través de Teams.

Programa:

  • Coa lingua fóra: os de letras temos moito traballo. Opcións laborais para profesionais de letras no mundo da edición e arredores. Antonio Martín. 16 de marzo, mércores, 16.30 h.
  • Como mirar a linguaxe a través da tecnoloxía. Elena Álvarez Mellado. 23 de marzo, mércores, 13.00 h.
  • O lingüista entre os profesionais do Dereito: poña un lingüista no bufete… e na súa vida. Antonio Briz. 30 de marzo, mércores, 13.00 h.
  • O coñecemento lingüístico, clave hoxe día na dixitalización. Cristina Aranda. 6 de abril, mércores, 13.00 h.

Máis información e inscrición