CITIC

Persoal investigador do CITIC obtén 5 axudas da Xunta para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

09/08/2024 - CITIC
  • Na actualidade son quince os grupos liderados por persoal investigador do centro que se benefician desta liña de axudas.

 A Coruña, 9 de agosto de 2024.- Un total de cinco grupos con coordinadores adscritos ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), obtiveron este ano as axudas da Xunta de Galicia para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento do Sistema Universitario Galego (SUG). 

  • Tres deles renovan as axudas a grupos de referencia competitiva. Son os coordinados por Margarita Alonso (especializado no procesamento da linguaxe natural), Luis Castedo (tecnoloxías, aplicacións e servizos inalámbricos de transmisión de datos) e Mario Francisco (investigación de métodos estatísticos e a súa aplicación en diversos campos científicos). A eles, súmanse os grupos liderados polos investigadores Miguel A. Rodríguez Luaces; Alejandro Pazos; Juan Touriño; Carlos Vázquez; Amparo Alonso; Richard Duro e Patricia Faraldo, que resultaron beneficiarios en convocatorias anteriores.
  • Tamén foron recoñecidos nesta convocatoria os coordinados por Carlos Dafonte (área de Intelixencia Artificial aplicada e as tecnoloxías de “Big Data”, centrándose principalmente no ámbito del procesado de datos en Astronomía) e Fidel Cacheda (investigación na recuperación de información, arquitecturas avanzadas de portais e xestión de sistemas de información) na categoría de grupos de potencial crecemento. Deste xeito, serían cinco os grupos con coordinadores adscritos ao CITIC que contan con esta axuda: os liderados por Álvaro Barreiro, Javier Pereira e José Luís Calvo.
  • Na categoría de persoal investigador excelente, son beneficiarios os investigadores José A. Iglesias Guitián e Óscar Ibañez.