Persoal investigador do CITIC será docente dun programa de máster Erasmus Mundus orientado ao software especializado en sustentabilidade
08/03/2022 – CITIC
Os investigadores do CITIC Nelly Condori-Fernández e Miguel Ángel Rodríguez Luaces incorporáronse ao corpo de docentes do programa internacional de máster Erasmus Mundus Software Engineers for Green Deal (SE4GD). A finalidade do programa é forma a futuros profesionais que sexan capaces de innovar, deseñar e implementar solucións baseadas en software cun efecto sostible para contextos locais e globais, a través de formas novas e responsables de desenvolver software.
O master impartirase no primeiro semestre na Aquila University de Italia onde se formará aos estudantes nos fundamentos da enxeñería do software. O segundo semestre impartirase na Universidade LUT de Finlandia, focalizándose no software sostible. O terceiro semestre desenvolverase na Universidade Vrije de Amsterdam e estará orientado ao software para a sustentabilidade. Por último, para o traballo de fin de máster do cuarto trimestre, os estudantes poderán seleccionar un dos postos ofrecidos polas entidades socias, entre as que se atopa a Universidade da Coruña.
O alumnado tamén participará en dúas escolas de verán, organizadas polas entidades socias.
El alumnado también participará en dos escuelas de verano, organizadas por las entidades socias.