Presentación da guía "Conducir desde a diversidade"
Do 2 de marzo de 2020 ás 12:00 ao 2 de marzo de 2020 ás 14:00
Sala Cloud – CITIC
O próximo 2 de marzo, ás 12 do mediodía, a sala Cloud do CITIC acollerá a presentación da guía “Conducir desde a diversidade. Potenciando a autonomía na comunidade”. A guía está editada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares ( ASEM) e elaborada por investigadoras do CITIC da área de investigación de IA, así como por alumnas do Grao de Terapia Ocupacional da UDC, dirixidas por Thais Pousada.
Os obxectivos da guía son responder a preguntas comúns respecto a a obtención do permiso de conducir para persoas con enfermidades neuromusculares e ofrecer información detallada sobre as posibilidades de adaptación do coche, tanto para o acceso ao mesmo, como para a condución, os programas específicos de vehículos adaptados de certas marcas e as axudas ou exencións ás que se poderían acoller as persoas con discapacidade neste proceso. Así mesmo, o documento contén recomendacións sobre estratexias, dispositivos tecnolóxicos e adaptacións para mellorar a seguridade na condución e a mobilidade xeral da persoa con diversidade funcional.
No acto tamén se realizará unha demostración de dous vehículos adaptados por parte de persoas usuarias que mostrarán as adaptacións para o acceso e a condución levadas a cabo nos seus vehículos e explicarán como iso supuxo unha mellora significativa na súa participación na comunidade.
Os interesados en asistir poden inscribirse a través do seguinte formulario.
PROGRAMA:
12:00 h – 12:20 h: Apertura do acto:
- Julio Abalde, reitor da UDC
- María Jesús Movilla, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC
- Manuel Penedo, director do CITIC
- Manuel Rego, presidente de ASEM Galicia
- 12:20 h – 13:00 h: Presentación da guía “Conducir desde a diversidade”. Thais Pousada, investigadora do CITIC-UDC
13:00 h – 13:30 h: Demostración de coches adaptados
13:30 h – 14:00 h: Fin do acto e cóctel