CITIC

Presentación de resultados do proxecto "GEMA: GEstión de la MOvilidad"

Por motivos relacionados co COVID-19 o acto pospoñerase a febreiro de 2021

  • Lugar: Sala Cloud do CITIC
  • Data: 21 de decembro ás 12:00 horas

O 21 de decembro terá lugar no CITIC a presentación de resultados do proxecto “GEMA: GEstión de la MOvilidad”, financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a cofinanciación dos Fondos FEDER, a través do programa Conecta Peme.

No acto participarán representantes das cinco entidades participantes no proxecto: o CITIC; Enxenio; GESUGA – Gestora de subproductos de Galicia; AO Mayores Servicios Sociales e Traprega.

O proxecto GEMA, que comezou a súa andadura en marzo de 2019 e rematou a finais de 2020, abordou catro retos de investigación:

  • A planificación intelixente de roteiros, axendas e horarios.
  • A etiquetaxe semántica automática de traxectorias.
  • A representación, almacenamento e explotación eficiente de traxectorias.
  • O desenvolvemento automatizado de software de Mobile Workforce Management.

O programa Conecta Peme, encargado de subvencionar este proxecto, fomenta a cooperación entre as pemes e demais axentes do sistema rexional de innovación a través do apoio a proxecto de I+D+i orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia. Ademais, estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.