Presentación do programa de doutoramento internacional 3-i ICT
O próximo 25 de marzo, de 12:30 h a 14:00 h, terá lugar no CITIC o acto de presentación do proxecto europeo 3-i ICT, un innovador programa de doutoramento internacional deseñado polo CITIC. Trátase do primeiro programa concedido a unha institución galega dentro da convocatoria H2020-MSCA-COFUND.
O evento celebrarase na sala Cloud do CITIC, e tamén se poderá seguir online a través da canle de Youtube do CITIC.
PROGRAMA
12:30 h – 12:45 h.- Mesa de apertura:
- Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC
- María José Lombardía Cortiña, vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC
- Faustino Infante Roura, xefe do servizo de Planificación e Estruturación da Investigación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia
12:45 h – 13:20 h.- Presentación do proxecto 3-i ICT:
- Manuel F. González Penedo, director do CITIC da UDC
- Ana Almécija Pereda, responsable da Unidade de Proxectos Europeos do CITIC
13:20 h – 13:30 h.- Clausura:
- Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC
- Manuel F. González Penedo, director do CITIC
13:30 h – 14:00 h.- Aperitivo.