PRESENTACIÓN
O CITIC é un centro de investigación creado en 2008 que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Impulsado pola Universidade da Coruña, o CITIC é un punto de encontro entre a Universidade e a empresa en que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.
No ano 2016, o CITIC recibe o distintivo de “Centro singular de investigación de Galicia” 2016-2019. En 2019 renova esta acreditación, pasando a denominarse “Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia” 2019-2022. En 2024, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, acredita ao CITIC como Centro de Excelencia e recoñéceo como Membro da Rede CIGUS para o período 2024-2027 (ver máis).
OBXECTIVOS
Potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas TIC.
Consolidación do coñecemento científico avanzado e excelente nas Áreas Tecnolóxicas do Centro.
Fomentar a transferencia tecnolóxica á sociedade e ao mercado.
Ampliar o alcance internacional da actividade investigadora.
Estimular a capacidade xeradora de emprego no sector TIC.