CITIC

Primeira reunión de traballo no marco do convenio de colaboración con COGAMI

07/05/2019

Esta mañá tivo lugar no CITIC a primeira reunión de traballo no marco do convenio de colaboración firmado entre a Universidade da Coruña,  e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e promovido polo CITIC, para a posta en marcha de proxectos conxuntos de avaliación e desenvolvemento das TIC aplicadas ao ámbito da discapacidade e a accesibilidade.

Ao acto asistiron por parte de COGAMI o presidente da entidade, Anxo Queiruga; a coordinadora de COGAMI Social, Charo Lema; a directora de negocio de COGAMI Empresarial, Rosa Guitiérrez; o responsable da área de Traballo Social de COGAMI, Juani Tubío; a coordinadora técnica sanitaria da área de Habilitación e Mantemento Funcional, Marta Dapena; e o coordinador de COGAMI en Coruña, Roberto Camba.

O encontro comezou cunha visita ás instalacións do CITIC e posterior presentación do centro e das súas principais actividades e proxectos desenvoltos, por parte do director del centro, Manuel F. González Penedo, e o subdirector, Javier Pereira. A continuación, desde o COGAMI expuxéronse as principais actividades que se levan a cabo desde a asociación.