Probada no Metro de Bilbao unha ferramenta de validación desenvolvida polo CITIC no marco do proxecto INRA-CBTC
21/01/2021 – CITIC
O pasado 15 de decembro probouse no Metro de Bilbao a ferramenta de validación da interface radio do sistema de comunicacións sen fíos cos trens do metro desenvolvida polo CITIC no marco do proxecto INRA-CBTC para a empresa CAF Signalling S.L.
O proxecto INRA-CBTC (Interface radio para soporte de sistema CBTC – Communications-Based Train Control), cuxo investigador principal é Luis Castedo Ribas, ten como obxectivo o desenvolvemento dun conxunto de ferramentas para a validación dunha rede LTE especificamente adaptada á contorna ferroviario. As actividades destacan polo seu alto nivel de innovación debido á ausencia de ferramentas de validación que soporten as características específicas das contornas ferroviarios.
Ao longo de 9 probas diferentes, a ferramenta mediu con precisión parámetros de transmisión bidireccional que permitiron avaliar a calidade do funcionamento da interface radio. Coñecer esta calidade é esencial para o correcto funcionamento do sistema de control CBTC que se implementa sobre a interface radio e que permanentemente monitoriza a circulación dos trens no metro vixiando que se cumpran todas as normas que garanten a súa seguridade.
Tralo éxito das probas, o proxecto entrou na súa última fase de evolución da ferramenta de validación, a cal se prevé finalizar en xuño de 2021.