01/07/2021 – CITIC
O CITIC recibiu este mércores 30 de xuño a visita de dúas profesoras e un profesor da Escola Superior de Educação e Ciências Sociais do Politécnico de Leiria de Portugal. Trátase do director da entidade, Pedro Morouco, a subdirectora, Dina Dos Santos Tavares, e a coordinadora do Centro de Recursos para a Inclusão Digital, Celia Sousa.
Xunto co director do CITIC, Manuel F. González Penedo, o subdirector Javier Pereira e a investigadora Thais Pousada, coñeceron o centro e en especial o Demostrador Tecnolóxico, onde se interesaron polos desenvolvementos tecnolóxicos realizados desde o CITIC sobre aplicacións para realidade virtual, e en concreto polos escenarios para o traballo de habilidades para a vida diaria das persoas con diversidade funcional.
O motivo da visita á UDC foi coñecer o programa Espazo Compartido da UDC, o programa de formación para mellorar as habilidades e competencias básicas de mozos e mozas con discapacidade, que ten como finalidade fomentar a súa empregabilidade e inclusión no mercado laboral.