CITIC

Publicación de resultados do proxecto HiPERFORM, no que participan investigadores do CITIC

05/06/2020

Publicáronse recientemente os resultados obtidos durante o segundo ano de traballo do proxecto HiPERFORM, a través dunha newsletter que recolle os principais datos. O proxecto, no que participan investigadores da área de Servizos e Redes Intelixentes do CITIC, iniciouse en maio de 2018 e finalizará en abril de 2021.

HiPERFORM (High performant Wide Band Gap Power Electronics for Reliable, energy Efficient drivetrains and optimization through multi-physics simulation) é un proxecto internacional de I+D que ten como obxectivo principal a aplicabilidade industrial de semicondutores de alto rendemento con materiais de banda ancha no campo da mobilidade intelixente, nun contexto no que mellorar a calidade do aire e evitar o quecemento global é unha alta prioridade a nivel mundial. Dado que o sistema de transporte en Europa contribúe significativamente ás emisións totais de gases de efecto invernadoiro e ao quecemento global, colaborarase desta forma para achaiar o camiño en Europa para un sistema de transporte descarbonizado.

Os resultados esperados do proxecto permitirán aos fabricantes europeos de compoñentes de vehículos eléctricos baseados en WBG, dispositivos de carga e sistemas de proba para ofrecer excelentes tecnoloxías para a industria automotriz, para desenvolver vehículos ecolóxicos accesibles de próxima xeración.

Consulta a newsletter do proxecto HiPERFORM