Recibimos a representantes do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo
13/03/2023 – CITIC
Este venres 10 de marzo, recibimos no CITIC a visita de representantes do Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) de Bergondo, centro de ámbito estatal xestionado polo IMSERSO que está especializado en dano cerebral. En concreto, asistiu o director do CEPAP, Francisco Javier Nieto, e ás responsables de proxectos e innovación, neuropsicología e terapia ocupacional do centro. Foron recibidos polo director e o subdirector do CITIC, Manuel F. González Penedo e Javier Pereira, e polos investigadores da área de Intelixencia Artificial do CITIC Manuel Lagos e Thais Pousada.
Durante a visita, mostráronse no Demostrador Tecnolóxico do CITIC os avances que se están realizando no CITIC en contornas personalizadas de realidade virtual. Ademais, tamén puideron coñecer a nova sala de impresión 3D, o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, así como diferentes recursos que ofrece o CITIC para desenvolver traballos de investigación.
Este encontro é un primeiro paso para o establecemento dun convenio de colaboración entre a institución pública que pertence ao IMSERSO e a UDC, a través do CITIC, que permitirá expor e executar proxectos de innovación, desenvolvemento e innovación no ámbito das tecnoloxías ao servizo das persoas con discapacidade.