CITIC

Relatorio de Ricardo Cao na IX Xornada sobre Vixilancia en Saúde Pública de Madrid

26/06/2023 - CITIC

O catedrático da UDC, Ricardo Cao, impartiu o pasado mércores 21 de xuño un relatorio na IX Xornada sobre Vixilancia en Saúde Pública, celebradas no ISCIII de Madrid. O evento pretende contribuír á discusión dalgúns aspectos que máis impacto van ter no futuro desenvolvemento da vixilancia en saúde pública. 

A xornada constou de dúas mesas de discusión. A primeira centrouse no “Real Decreto de vixilancia en saúde pública: da lei á práctica”, e nela interveu Ricardo Cao xunto a outros relatorios de profesionais do sector. Nela falou de “Datos de vixilancia en Saúde Pública e visión dos usuarios”, centrándose na xestión do acceso aos datos de Vixilancia en Saúde Pública e a súa cesión a terceiros para outros usos distintos do de vixilancia. 

A segunda mesa “A nova rede de vixilancia en Saúde Pública, retos e oportunidades” reuniu varias opinións de expertos sobre como incorporar os resultados da vixilancia e o coñecemento dos determinantes na saúde nos demais ámbitos da vixilancia en saúde pública e tamén trataron a implantación de novos sistemas de vixilancia. 

Ademais, acaban de publicar o vídeo da xornada na canle de YouTube da Sociedade Española de Epidemiología: