
RePo-SUDOE lanza o seu primeiro webinario sobre reorientación de fármacos mediante patróns biolóxicos
O proxecto europeo RePo-SUDOE, que conta coa participación de científicos do CITIC, inaugura o seu ciclo de seminarios online cunha primeira sesión dedicada ás estratexias innovadoras para a reorientación de fármacos a través da análise de patróns biolóxicos e vías moleculares. O evento, de acceso gratuíto e en formato online, celebrarase o próximo 7 de maio ás 11:00h.
O relatorio estará a cargo de Belén Otero Carrasco, investigadora postdoutoral na Universidade Politécnica de Madrid (UPM), quen compartirá a súa experiencia no uso de enfoques baseados en bioloxía de sistemas e análises computacional. O seu traballo explora como identificar patróns funcionais en roteiros moleculares clave, o que permite descubrir novas aplicacións terapéuticas para fármacos xa existentes.
Este enfoque non só abre novas oportunidades na investigación biomédica, senón que tamén contribúe a facer o desenvolvemento farmacolóxico máis eficiente, sostible e asequible, acelerando así o seu impacto no ámbito da saúde pública.
O webinario forma parte dunha serie de encontros organizados por RePo-SUDOE, un proxecto que busca fomentar a investigación colaborativa no suroeste de Europa e promover solucións científicas de alto impacto para os retos sanitarios actuais.
🔹Data: 7 de maio
🔹Hora: 11:00h (CEST)
🔹Formato: En liña
🔹Inscrición gratuíta: RePo-Webinar – Exploring Biological Patterns to Enhance Drug Repurposing Through Pathway-Based Strategies