CITIC

Resolución da convocatoria do CITIC de financiamento de proxectos coordinados dirixidos por mozos investigadores

05/06/2018

O pasado 1 de xuño o Comité Científico do CITIC acordou a resolución da convocatoria de proxectos de investigación coordinados dirixidos por mozos investigadores do centro. 

Os proxectos seleccionados que recibirán financiamento nesta convocatoria son os seguintes:

  • CONCORDANCE: Prevención de colisións para  UAVs utilizando técnicas de  deep  learning e  sensórica optimizada.Coordinado pola investigadora Paula Fraga Lamas.
  • SC- IM- HW: Optimización de métodos de selección de características baseados en información mutua para  aquitecturas hardware non convencionais. Coordinado polo investigador Jorge González Domínguez.
  • eCOAR: Sistema automático para a detección de anomalías e control da calidade en eficiencia enerxética, confort térmico e calidade do aire en edificacións. Coordinado polo investigador Javier  Tarrío  Saavedra.
  • TREBOADA: Técnicas de predición de precipitación mediante sensores de Baixo custo e Aprendizaxe máquina. Coordinado polo investigador Ignacio Fraga  Cadórniga.

Esta iniciativa é unha das accións establecidas no Plan Estratéxico do  CITIC para o período 2017-2021 no seu Eixo de Investigación. A través da mesma, preténdese estimular a investigación cooperativa entre os mozos investigadores dos distintos grupos de investigación, axuntando esforzos e buscando sinerxias e capacidades complementarias, así como o intercambio de recursos e coñecementos de maneira que se poidan abordar cuestións complexas relacionadas.

Descargar resolución