CITIC

Ricardo Cao participa na Xornada SESA 2020 sobre control de augas residuais ante a COVID-19

18/12/2020 – CITIC

O investigador do CITIC Ricardo Cao participou na 27 Xornada Técnica SESA 2020: Aspectos sanitarios do control de augas residuais ante a COVID-19, organizada pola Sociedade Española de Sanidade Ambiental (SESA). O acto tivo lugar o pasado 16 de decembro en formato online.

Ricardo Cao falou sobre Predición do número de casos activos de COVID-19 baseada na carga viral en augas residuais: o proxecto COVIDBENS. Este proxecto, no que participa o CITIC, analiza as augas residuais da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens (EDAR) para determinar a presenza de coronavirus SARS-CoV-2 na poboación e facer un seguimento da pandemia na área metropolitana da Coruña. O equipo está liderado por Margarita Poza, investigadora do Grupo de Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).

Na xornada tamén se deron a coñecer diferentes proxectos destinados a estudar a influencia do SARS-CoV-2 nas augas residuais de toda España, analizando obxectivos, diferentes desenvolvementos e resultados.

Máis información