CITIC

Seis persoas investigadoras do CITIC, entre os máis influentes do mundo segundo o ránking de Stanford

01/10/2025 - CITIC
  • Un total de 26 persoas investigadoras da UDC están entre as máis influentes do ámbito científico, segundo o World’s Top 2% Scientist List
  • Esta listaxe identifica ao 2% dos científicos e científicas máis influentes do mundo en todas as áreas de coñecemento.

Seis persoas investigadoras do CITIC da Universidade da Coruña foron recoñecidas pola Universidade de Stanford (EE.UU.) no prestixioso ranking internacional World’s Top 2% Scientist List, que identifica ao 2% dos científicos e científicas máis influentes do mundo en todas as áreas de coñecemento.

A listaxe, elaborada a partir da base de datos Scopus (Elsevier), xera dúas clasificacións: unha que recolle toda a traxectoria investigadora e outra centrada nos resultados máis recentes (ano 2024).

No caso do CITIC, aparecen incluídos Tiago M. Fernández Caramés, Carlos Gómez Rodríguez e Verónica Bolón Canedo, recoñecidos tanto pola súa traxectoria como polas súas publicacións e citas máis recentes.
Pola súa banda, Paula Fraga Lamas, Diego Darriba e Amparo Alonso Betanzos incorpóranse á clasificación correspondente ao último ano.

Este recoñecemento internacional pon de relevo o liderado do CITIC en áreas como as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, un dos ámbitos con maior representación na clasificación mundial.

O Ranking of the World Scientists: World´s Top 2% Scientists está considerado como un dos máis prestixiosos a nivel global, e na súa oitava edición avalía a información estandarizada sobre produción científica, citas e outros indicadores bibliométricos de máis de 200.000 investigadores e investigadoras de todo o mundo.