CITIC

Sesión técnica de resultados do proxecto GEMA

O vindeiro venres, 26 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar na sala Cloud do CITIC a sesión técnica de resultados do proxecto GEMA (GEstión de la MovilidAd). O proxecto, financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O equipo do CITIC, liderado por Nieves Rodríguez Brisaboa e outros IPs do Laboratorio de Bases de Datos, realizará unha presentación dos resultados en liña cos catro retos de investigación plantexados: a planificación intelixente de roteiros, axendas e horarios; a etiquetaxe semántica automática de traxectorias; a representación, almacenamento e explotación eficiente de traxectorias; e o desenvolvemento automatizado de software de Mobile  Workforce  Management.

 O evento transmitirase a través da canle de Youtube do CITIC.

As entidades que participan no proxecto, ademais do CITIC, son Enxenio, GESUGA – Gestora de subproductos de Galicia, AO Mayores Servicios Sociales e TAPREGA Prevención de Riesgos.

O proxecto GEMA comezou a súa andadura en abril de 2019 e rematou a finais de 2020. Esta iniciativa obtivo un financiamento de preto de 800.000 euros por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do programa Conecta Peme, cuxo obxectivo é fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación a través do apoio a proxectos de I+D+i orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia. Ademais, estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020,