05/08/2022 – CITIC
A investigadora do CITIC Susana Ladra impartirá do 16 ao 19 de agosto o taller “Algoritmos para o aliñamento e ensamblaxe de secuencias biolóxicas”, organizado pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Concepción (Chile).
No obradoiro introduciranse algoritmos e estruturas de datos comunmente utilizados no ámbito da bioloxía computacional para a resolución de problemas típicos na área, como poder ser a comparación de secuencias, a procura de motivos e a ensamblaxe de xenomas. Realizarase unha revisión de conceptos xerais do ámbito de secuenciación xenómica e as diferentes técnicas de obtención de datos, para posteriormente mostrar algoritmos especializados. Ademais, introduciranse tamén ferramentas de software e bibliotecas que se usan no ámbito bioinformático en proxectos reais.