CITIC

Susana Ladra ofreceu charlas de divulgación científica sobre a pegada dixital e o uso dos datos en Internet

21/02/2020

A investigadora do CITIC e directora do Campus Innova da UDC, Susana Ladra, impartiu recentemente diferentes charlas de divulgación científica en centros de educación secundaria de Galicia, enmarcadas no programa de futuros estudantes, organizado polo Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da UDC.

A charla, que leva por título “A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que ou usan”, ten o obxectivo de visibilizar o valor dos datos xerados coas nosas interaccións en Internet. A investigadora explicou conceptos básicos como o Big Data e Internet das Cousas, e sinalou os diferentes usos que fan as empresas e os gobernos con estes datos: desde recomendación de produtos e persoalización de anuncios, ata detección de fraudes, resolución de crimes, vixilancia e posible manipulación de eleccións.

Susana Ladra tamén fixo chegar ao alumnado a necesidade de formación de profesionais neste ámbito da Ciencia e Enxeñería de Datos.

CPI O Cruce (Cerceda)

IES Ramón Caamaño (Muxía)

IES Castro da Uz (As Pontes)

IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)