CITIC

Susana Ladra participa no XVIII Encontro de Emprendedoras e Empresarias organizado pola Fundación Mulleres

20/12/2018

A directora do Campus Innova da UDC e investigadora do CITIC, Susana Ladra, participou esta mañá no XVIII Encontro de Emprendedoras e Empresarias organizado pola delgación en Galicia da Fundación Mulleres e que tivo lugar no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio.

Susana Ladra participou na mesa de debate “As TIC no emprendemento liderado por mulleres” onde compartiu a súa visión do emprendemento feminino no ámbito TIC con Eva López Barrio, coordinadora do Programa  Woman Emprende da USC, Marcus  Fernádez, webmaster da Revista Dixital Código Cero, Loli  Apelluz, responsable para Galicia e Asturias de  Microbank, e Roberto Pérez, xerente do Clúster TIC Galicia. A mesa estivo moderada por Judit  Garrós, cofundadora de Galejobs.

No encontro tamén tivo lugar unha rolda de presentacións de proxectos emprendedores no ámbito TIC liderados por mulleres, un panel de emprendedoras sobre novos negocios e novas emprendedoras e un panel de empresarias centrado en oportunidades tecnolóxicas.