Susana Ladra participa en las II Jornadas Mujer, Ciencia y Tecnología de la Universidad Pública de Navarra
02/11/2020 – CITIC
A investigadora do CITIC Susana Ladra dará unha charla dentro das II Jornadas Mujer, Ciencia y Tecnología, organizadas pola Cátedra Mujer, Ciencia y Tecnología da Universidade Pública de Navarra. As xornadas teñen lugar do 4 ao 25 de novembro e consisten nunha serie de charlas divulgativas que teñen o obxectivo de promover a participación das mulleres en ciencia e tecnoloxía, aumentando a súa presenza en titulacións STEM, impulsando a investigación nestes ámbitos, así como incorporando a perspectiva de xénero nelas. O 4 de novembro Susana Ladra inaugurará as xornadas coa súa charla “Xenómica e Big Data”.
Os encontros levaranse a cabo durante o mes de novembro e finalizarán cunha mesa de debate o día 25 con todas as relatoras sobre “Mulleres e tecnoloxía: experiencias persoais e motivación”. Na última xornada entregaranse tamén os premios dos concursos “Eu quero ser Científica” e o II Concurso de Pósteres de Traballos Fin de Estudos Muller, Ciencia e Tecnoloxía.
As xornadas levaranse a cabo de xeito presencial no Planetario de Pamplona e poderanse seguir en directo dende Youtube na Canle de Cultura e Divulgación da UPNA.