CITIC

Thais Pousada é seleccionada para participar nun grupo de traballo da International Society of Wheelchair Profesionals

10/06/2020

A investigadora do CITIC Thais Pousada foi seleccionada para participar no grupo de traballo “Wheelchair Educators Package Development Group” da International Society of Wheelchair Profesionals (ISWP). O equipo está composto por 31 expertos dun total de 20 países de todo o mundo, que traballarán durante os próximos dous anos na elaboración dun paquete de formación para profesionais de ciencias da saúde relacionado coa prescrición da cadeira de rodas.

O obxectivo é que esta formación proporcione os contidos e competencias necesarias para que os profesionais deste ámbito poidan certificarse como expertos na prescrición da cadeira de rodas.

Este grupo de traballo está auspiciado pola ISWP, unha entidade que naceu en 2015 coa misión de servir como recurso global para os estándares e a prescrición de servizos de cadeiras de rodas, para que todas as persoas que a necesitan reciban produtos e servizos apropiados, permitíndolles o acceso á educación, o emprego e a atención médica e a participación social.