02/03/2022 – CITIC
A investigadora CITIC Thais Pousada impartiu o pasado xoves 24 de febreiro unha charla divulgativa sobre tecnoloxía de apoio dirixida a estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. A actividade foi realizada coa contribución de Enxeñería sen Fronteiras, asociación coa que o CITIC mantén un convenio de colaboración.
Thais Pousada explicou ao alumnado as capacidades e necesidades que poden ter as persoas con diversidade funcional na súa vida diaria, e presentou diferentes resultados do deseño e creación de produtos de apoio a través dunha impresora 3D. Así, o grupo puido coñecer novas formas e ideas para poñer en funcionamento a súa impresora 3D. Nesta liña, a investigadora animounos a colaborar co tecido asociativo, achegando a través da innovación e a tecnoloxía.