16/11/2021 – CITIC
A investigadora do CITIC Thais Pousada participou nas III Xornadas ASEM Galicia, celebradas durante os meses de setembro, outubro e novembro en torno ao Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares.
Thais Pousada, que ademais é colaboradora de ASEM Galicia, impartiu o xoves 28 de outubro unha charla sobre as posibilidades da terapia ocupacional e os produtos de apoio para facilitar a vida autónoma das persoas con enfermidades neuromusculares.
Os relatorios tiveron lugar en formato online e estiveron dirixidas tanto a persoas afectadas como a familias, coidadores e profesionais.
A charla está dispoñible na canle de Youtube de ASEM Galicia.