14/06/2022 – CITIC
O pasado 21 de maio a investigadora do CITIC Thais Pousada participou no 34th Congreso Anual da Academia Europea de Infancia con Discapacidade para dar a coñecer o traballo que se está realizando no CITIC para a mellora da calidade de vida da infancia con diversidade funcional. O encontro congregou a expertos do ámbito da saúde e familias para ofrecer os últimos avances e investigacións sobre a intervención terapéutica de diferentes situacións de saúde que afectan á infancia.
En concreto, a investigadora participou no panel de expertas sobre a “abordaxe interdisciplinaria en hemiplexía” cunha comunicación sobre “Solucións tecnolóxicas para a vida diaria na hemiplexía infantil”.