CITIC
Estancia Thais Pousada_

Thais Pousada realiza unha estancia de investigación na Universidade de Sevilla para explorar melloras en tecnoloxías de apoio

17/09/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Thais Pousada realizou unha estancia de investigación na Universidade de Sevilla, vinculada ao desenvolvemento do sub-proxecto “MATCH: Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio”. Durante a estancia no grupo de investigación “Tecnoloxías para a Asistencia, a Integración e a Saúde” (TAIS), a investigadora participou en diferentes reunións para avanzar no desenvolvemento do proxecto. Tamén realizou visitas aos centros de usuarios que participarán no traballo de campo do proxecto, entre os que se atopa ASPACE Sevilla.

Froito desta colaboración publicouse o artigo “A Study on Physical Exercise and General Mobility in People with Cerebral Palsy: Health through Costless Routines” e está previsto continuar esta liña de investigación con novas comunicacións e resultados proximamente.