CITIC

Acto de presentación do proxecto Talentos Inclusivos

3 de Decembro ás 12:00 horas

Evento presencial con retransmisión online a través da canle de Youtube do CITIC

OBXECTIVO:

Presentación e inicio do proxecto TALENTOS INCLUSIVOS con que se busca fomentar as vocacións TIC entre estudantes de bacharelato e visualizar a problemática coa que se atopan no día a día as persoas con discapacidade.

PROGRAMA:

12:00 h – 12:20 h.- Apertura a cargo de Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña.

12:20 h – 12:40 h.- Presentación do proxecto TALENTOS INCLUSIVOS a cargo de Sonia Ruiz, xerente de Aspace Coruña, e Javier Pereira, investigador principal do proxecto y subdirector do CITIC.

12:40 h– 12:50 h. Vídeo de presentación do proxecto.

12:50 – 13:00 h. Clausura do acto:

  • Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña.
  • Alberto Díez de Castro, secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.
  • Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña.

SOBRE O PROXECTO

Para o desenvolvemento do proxecto TALENTOS INCLUSIVOS, as persoas usuarias de ASPACE Coruña propoñerán unha serie de retos tecnolóxicos cos que resolver algunha das necesidades ou intereses que se lles plantexan no seu día a día. Os grupos de estudantes dos institutos que colaboran deberán resolvelos coa colaboración das persoas con parálise cerebral.

Para a abordaxe dos proxectos tecnolóxicos, os grupos cooperativos estarán tutorizados por profesionais de ASPACE, profesores de Tecnoloxía e persoal investigador do CITIC.

O proxecto se desenvólvese conxuntamente entre o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) e ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral). Conta co apoio e a financiación da FECYT (Fundación Española de Ciencia y Tecnología)  e do Consello Social de la Universidade da Coruña.

ASISTENCIA E AFORO

Está prevista a asistencia de autoridades, os directores dos institutos participantes, persoal de ASPACE, persoal do CITIC e persoal do Consello Social.

O aforo máximo da Sala Cloud na que se celebrará o acto limítase a 50 persoas.