CITIC

Último almorzo TIC Talk do ano: explorando o potencial do machine learning cuántico

26/11/2024 - CITIC

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC acolleu este martes, 26 de novembro, o último almorzo TIC Talk do 2024, unha serie de encontros que combina innovación, tecnoloxía e divulgación.  

O evento tivo lugar no CITIC e contou con dúas ponencias destacadas que ofreceron unha perspectiva técnica e reflexiva sobre retos e avances nas áreas da machine learning e a IA. As intervencións están deseñadas para atraer tanto especialistas como público con inquietudes por coñecer as fronteiras do coñecemento tecnolóxico.

Na primeira intervención, John Wendel falou na súa intervención sobre “Random asymmetries in calibration parameters of a classification neural network”, na que analizou o impacto das asimetrías aleatorias nos parámetros de calibración das redes neuronais de clasificación, un tema clave para mellorar a eficacia e a precisión destes sistemas no ámbito do machine learning.

Pola súa banda, Diego Álvarez Estévez presentou “Learning with quantum kernels: the director’s cut”, unha charla que afondou no campo do aprendizaxe máquina cuántico. Este enfoque busca aproveitar as propiedades únicas da mecánica cuántica para superar as limitacións dos métodos tradicionais. Durante a presentación, introducíronse conceptos como Quantum Feature Maps, Quantum Kernel Estimation e Quantum Kernel Training, ademais de analizarse experimentos que avalían a capacidade destes métodos para xeneralizar en diversas configuracións e aplicacións.

O último TIC Talk do ano permitiu ás persoas participantes descubrir as posibilidades das tecnoloxías cuánticas aplicadas ao machine learning e reflexionar sobre os desafíos que presentan na súa aplicación práctica. Con esta iniciativa, o CITIC continúa apostando por ser un referente na difusión do coñecemento e no impulso da innovación tecnolóxica.