29/10/2018
A revista Information Processing & Management da editorial Elsevier publicou a súa lista gañadores do IP&M Best Paper Award for 2018. Unha das mencións honoríficas foi para o artigo “Supervised sentiment analysis in multilingual environments“, cuxos autores son os investigadores David Vilares, Miguel A. Alonso e Carlos Gómez-Rodríguez da área de Ciencia de Datos e Información do CITIC da UDC. Con motivo diso a revista liberou o acceso aos artigos premiados ata final de ano.