Un investigador do CITIC ofrece unha conferencia nun encontro do NLP CPH
19/09/2018
Mark Anderson, investigador do Laboratorio FASTPARSE da área de Ciencia de Datos e Información do CITIC, presentou onte, martes 18 de setembro, da man do Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Copenhague, a conferencia Increasing NLP parsing efficiency with chunking. A charla, enmarcada dentro dos encontros do Natural Language Processing Copenhagen Meetup, aborda parte do traballo desenvolto polo grupo de investigación dentro do proxecto FASTPARSE (ERC Starting Grant) na área de analizadores sintácticos de alta velocidade para o procesamento masivo de información textual.
Neste caso preséntase unha técnica de análise sintáctico de tipo Chunk-andpass, baseada nun modelo psicolingüístico, no cal a información lingüística non é procesada palabra a palabra, senón a nivel de secuencias de palabras (chunks).