15/06/2018
O investigador da área de ciencia de datos e información do CITIC, Rubén Fernández Casal, presentou dous pósteres na 9th Workshop on Spatio-temporal modeling (METMA 2018), celebrada en Montpellier (Francia) entre o 13 e o 15 de xuño.
Os traballos presentados foron Nonparametric bootstrap approach for risk mapping under heteroscedasticity e Nonparametric approximation of conditional risk in non-stationary geostatistical processes.
METMA 2018 é a novena dunha serie de workshops que se celebran con carácter bianual, e seu obxectivo é promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos estatísticos espaciais e temporais en diferentes campos relacionados co medio ambiente, co fin último de poder resolver problemas medioambientais.