CITIC
Exterior_web

Unha delegación da AGH University of Science and Technology de Cracovia visita o CITIC

23/09/2022 – CITIC

O CITIC recibiu hoxe a visita dunha dunha delegación da AGH University of Science and Technology de Cracovia composta por tres profesores, acompañábaos o profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC Félix Puime, co que actualmente colaboran.

Xunto cos responsables da unidade de Transferencia e a unidade de Sistemas do CITIC, Javier Garrido e Alejandro Mosteiro, coñeceron o centro e, en especial, o Demostrador Tecnolóxico, o CPD e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización do centro.

O motivo da visita foi coñecer as liñas de traballo do CITIC co obxectivo de establecer unha posible colaboración científica.