CITIC
20220622_132924

Unha profesora do Politécnico de Leiria visita o CITIC para coñecer proxectos para a inclusión dixital de persoas con discapacidade

28/06/2022 – CITIC

A profesora do Politécnico de Leiria de Portugal e membro do CRID (Centro de Recursos para a Inclusão Dixital), Marta Nogueira, visitou o CITIC o pasado mércores 22 de xuño para coñecer o programa Espazo Compartido da UDC e diferentes propostas que desenvolve o CITIC para a mellora das condicións dixitais para persoas con discapacidade.

Xunto co investigador Manuel Lagos e as profesoras de Espazo Compartido Ana Laura Villar Gómez e Claudia Suárez Iglesias, tivo a oportunidade de probar no Demostrador Tecnolóxico diferentes desenvolvementos de realidade virtual realizados no CITIC, así como un xogo 2D creado por Fernando López Larriba, alumno de Espazo Compartido que realizou as súas prácticas no centro.