V Congreso XoveTIC
O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial os días 5 e 6 de outubro de 2022, tras dúas edicións en liña debido á pandemia. O congreso está destinado a investigadores/as júnior (predoutorais e posdoutorais) para presentar as súas comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC. O obxectivo é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á súa formación.
O congreso, cuxa inscrición é gratuíta, supón unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido. Todos os traballos presentados no XoveTIC serán publicados nun libro de actas. Ademais, concederanse cinco premios de 300 euros cada un ás comunicacións orais mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.
DATAS
- Apertura do prazo de recepción de abstracts: 27 de maio
- Peche do prazo de recepción de abstracts: 23 de xuño
- Notificación dos traballos seleccionados: 17 de xullo
- Apertura do prazo de recepción dos traballos definitivos: 18 de xullo
- Apertura do rexistro de asistencia: 18 de xullo
- Peche do prazo de recepción dos traballos definitivos: 7 de setembro
- Peche do rexistro de asistencia: 16 de setembro
- Celebración do congreso: 5 e 6 de outubro
PROGRAMA
5 de outubro
- 09:30 h – 10:00 h.- Rexistro (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 10:00 h – 10:15 h.- Sesión de apertura (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 10:15 h – 11:00 h.- Conferencia plenaria (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 11:00 h – 12:00 h.- Comunicacións orais I (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 12:00 h – 12:30 h.- Café networking (CITIC. Planta 0)
- 12:30 h – 13:30 h.- Comunicacións orais II (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 13:30 h – 14:30 h.- Comunicacións orais III (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 14:30 h – 16:00 h.- Comida (Facultade de Economía e Empresa da UDC)
- 16:00 h – 17:00 h.- Comunicacións orais IV (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 17:15 h – 18:30 h.- Sesión de pósteres e café networking (Facultade de Informática da UDC)
6 de outubro
- 10:00 h – 11:00 h.- Comunicacións orais V (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 11:00 h – 12:00 h.- Comunicacións orais VI (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 12:00 h – 12:30 h.- Café networking (CITIC. Planta 0)
- 12:30 h – 13:15 h.- Conferencia plenaria (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
- 13:15 h – 14:00 h.- Entrega de premios e clausura (CITIC. Planta 1. Sala Cloud)
Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/