CITIC

Verónica Bolón participa hoxe en Pint of Science cunha charla sobre os desafíos da intelixencia artificial

22/05/2023 - CITIC

Hoxe comeza o festival Pint of Science na Coruña, cunha serie de charlas que se celebrarán entre os días 22 e 24 de maio nos bares Árnica e A Olímpica da cidade herculina.

Ás 20:00 horas no bar Árnica da Coruña será a quenda da investigadora do CITIC Verónica Bolón coa súa charla “Avances e desafíos da intelixencia artificial, e por que aínda non debemos temer aos robots”. Explorará desde a orixe da intelixencia artificial nos anos 50 ata as súas aplicacións máis modernas na actualidade. Tamén falará dos desafíos éticos e sociais aos que se enfronta a intelixencia artificial e como podemos abordalos para maximizar os beneficios e minimizar os riscos. Por último, desentrañará os misterios da IA e explicará por que aínda non debemos temer aos nosos amigos os robots.

Máis información: https://pintofscience.es/events/coruna