CITIC

Vicente Moret é nomeado editor da revista Artificial Intelligence in Cancer

13/04/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Vicente Moret foi nomeado editor da revista online AIC – Artificial Intelligence in Cancer, unha revista internacional de acceso aberto publicada por Baishideng Publishing Group.

AIC publica principalmente artigos que informan sobre os resultados de investigación obtidos no campo da intelixencia artificial no cancro e cobren unha ampla gama de temas. O obxectivo primordial da revista é mostrar e promover investigacións distinguidas neste ámbito, para axudar a avanzar no seu desenvolvemento.