13/11/2019
O experto en Procesamento de Linguaxe Natural Anssi Yli-Jyrä, investigador principal do Departamento de Humanidades Dixitais da Universidade de Helsinki, atópase de visita estes días na Coruña con investigadores do ámbito de procesado da linguaxe natural da área de investigación de IA do CITIC.
Durante a súa estancia colaborará con eles na codificación de árbores sintácticos como cadeas, unha colaboración enmarcada dentro do traballo desenvolvido na ERC Starting Grant FastParse sobre técnicas de análise sintáctico como etiquetado de secuencias. A modo de sinal de inicio da súa breve estancia, o investigador impartiu a charla: “Embedding Graphs to the String Space to Support Succinct Representation of Graph Properties”.